Encuesta: ¿Tiene Herrera crédito ilimitado?

Ata aquí a descrición das vivencias do pasado, pero como a capacidade de nos trabucar e virtualmente infinda tal parece que non damos aprendido das experiencias e repetimos e teimamos nos erros. O que quero propugnar, unha vez máis, é que manteñamos a calma, mesmo a frialdade, que a negatividade e as présas non nos han levar a ningures, e que apoiemos totalmente ao equipo e, sobre todo, ao noso adestrador actual, Paco Herrera, quen é ben merecedor, na miña opinión, dun rotundo voto de confianza.

Comprendo as críticas ao adestrador, é normal que cada un exprese o seu parecer, faltaría máis, e que se comenten o que os afeccionados consideran erros e alternativas, pero de verdade que á vista da nosa economía e máis da nosa historia non dou entendido como alguén —e moito menos, insisto, profesionais da prensa—pode pedir a estas alturas a destitución de Paco Herrera.

 

 

BLOG COMMENTS POWERED BY DISQUS