John Guidetti é un tipo diferente. Máis aló do fútbol, soupo meterse á afección no peto. E sen facer nada extraordinario. Sendo el mesmo e, especialmente, demostrando amor a unhas cores.
Hoxe, ó término do partido, utilizou o sey perfil en Instagram para lanzar unha mensaxee a todo o celtismo: "Meus amigos, estou moi orgulloso de ter xogado por @realclubceltae @Laliga e como nós loitaron xuntos nesta tempada. Agora temos a motivación para facer mellor o próximo ano. Ala Celta!", escribiu. Posiblemente coa axuda de alguén usou o galego para dirixirse a tódolos seus seguidores.
Unha mostra máis de que Guidetti, ademáis de ser un tipo listo, sabe facer sentir ó celtismo a súa cercanía. Porque máis aló de ser futbolista, John é un celtista máis.
Artigo relacionado: Guidetti, un celtista más
BLOG COMMENTS POWERED BY DISQUS